﻿WINMERGE

WinMerge é unha ferramenta Open Source de comparación e mestura para Windows.
WinMerge pode comparar tanto arquivos como cartafoles, presentando as diferenzas
nun formato de texto visual que é moi sinxelo de entender e de manexar. WinMerge
pode empregarse como unha ferramenta externa de diferenciación/mestura ou como
unha aplicación independente.

WinMerge ten varias funcionalidades de grande utilidade para facer comparacións,
sincronizar e mesturar do xeito máis doado e útil posible. Mesmo resalta o texto
segundo a sintaxe para diversas linguaxes de programación e outros formatos de
arquivo.

Tanto a información como a última versión de WinMerge están dispoñibles en
https://winmerge.org/

Comezo rápido
=============
Para aprender a levar a cabo as operacións básicas logo de instalar WinMerge,
preme en Axuda>Axuda de WinMerge e vai ao tema Quick start. Ou tamén podes
visitar a versión Web en https://manual.winmerge.org/Quick_start.html

Axuda de WinMerge
=================
A axuda de WinMerge instálase localmente como un arquivo de axuda Microsoft
HTML, WinMerge.chm, ao instalar WinMerge. Para abrila, preme en Axuda>Axuda de
WinMerge ou preme F1 na ventá de WinMerge. Se empregas a liña de comandos,
executa WinMerge coa opción de axuda /?.

Tamén podes explorar a versión HTML da axuda de WinMerge en
https://manual.winmerge.org/

Soporte WinMerge
================
Preguntas ou suxestións sobre WinMerge? Un bo lugar para comezar é o taboleiro
de mensaxes da comunidade de WinMerge en https://forums.winmerge.org/ Os
desenvolvedores len e responden de xeito frecuente ás cuestións presentadas en
ambos os dous foros. Emprega o foro de Discusión Aberta para cuestións xerais,
como os temas relacionados co uso, de WinMerge. Emprega o foro de
Desenvolvedores para as cuestións relativas ao desenvolvemento de WinMerge.

Erros e peticións de funcionalidades
====================================
Se unha cuestión non se resolve nos foros de WinMerge, comproba os rastrexadores
do proxecto: vai a https://project.winmerge.org/ e preme no menú dos
Rastrexadores, como Erros e Peticións de Funcionalidades, onde poderás explorar
ou enviar os temas que che interesen.

Se envías unha notificación de erro, por favor, inclúe a versión de WinMerge na
mesma. Podes xerar un rexistro da configuración premendo en Axuda>Configuración.
Por favor, adxunta á notificación de erro o rexistro da configuración xerado,
pois ten unha morea de información moi útil para os desenvolvedores.


- The WinMerge Developers
